MÁIS ALÁ (CD)
‘MÁIS ALÁ’, primeiro traballo discográfico de BREO, grupo folk que emana e bebe da tradición galega. Este eríxese sobre a importancia do misticismo, as costumes e as lendas galegas, tres motivos que dan inspiración a cada unha das cancións que compoñen este traballo e que nos ofrecen unha lembranza das figuras que conseguiron que todos estes coñecementos chegaran aos nosos días: os nosos e as nosas maiores.
Este disco confórmase por un total de 10 temas, contando con diferentes colaboracións musicais: o cantante tsacianiegu Sabu l’Aviseu (‘Canto Raibas’), Marta Chello (‘María ‘A Meiga’) e a banda arteixá A.C. Triskell (‘Os Lombois’). Ademais destas, tamén escoitamos por parte dalgún dos nosos maiores certas lendas, como é o caso de Maruja ‘a do Lameiro’, e ritos, este último recollido por Oscar Lage nas montañas do Courel; do ('Encoutado dos Lombois').
Poderiamos dicir que este é un traballo máxico, onde coñeceremos, ademais de novas músicas e melodías, costumes case esquecidas que están impresas no noso ADN como galego, as cales non podemos permitir que esmorezan.
Caracerísticas do produto:
- Digipack de cartón folding de 300 g/m². Impreso e encolado sobre si mesmo para conseguir os 600 g/m² de cada pala.
- Plastificado mate, aportando resistencia e categoría.
- CD impreso mediante serigrafia offset e suxeito mediante bandexa de prástico.
- Conta cun libreto de 8 páxinas onde se fala das cancións acompañándoas de imáxes relacionadas co traballo.