Carrito de la compra
Loading
Solo quedan -1

MÁIS ALÁ (DIXITAL)

En oferta
€8.00
€8.00
Añadido al carrito

MÁIS ALÁ’, primeiro traballo discográfico de BREO, grupo folk que emana e bebe da tradición galega. Este eríxese sobre a importancia do misticismo, as costumes e as lendas galegas, tres motivos que dan inspiración a cada unha das cancións que compoñen este traballo e que nos ofrecen unha lembranza das figuras que conseguiron que todos estes coñecementos chegaran aos nosos días: os nosos e as nosas maiores. 


Este disco confórmase por un total de 10 temas, contando con diferentes colaboracións musicais: o cantante tsacianiegu Sabu l’Aviseu (Canto Raibas), Marta Chello (María ‘A Meiga) e a banda arteixá A.C. Triskell (‘Os Lombois’). Ademais destas, tamén escoitamos por parte dalgún dos nosos maiores certas lendas, como é o caso de Maruja ‘a do Lameiro’, e ritos, este último recollido por Oscar Lage nas montañas do Courel; do ('Encoutado dos Lombois').


Poderiamos dicir que este é un traballo máxico, onde coñeceremos, ademais de novas músicas e melodías, costumes case esquecidas que están impresas no noso ADN como galego, as cales non podemos permitir que esmorezan.



Características do produto:


  • CD en formato dixital (.WAV).
  • Inclúe 2 PDF: un co deseño do digipack e outro co deseño do libreto.


Política de devolucións.

Obtendrás un archivo ZIP (2GB)