Carrito de la compra
Loading

MÁIS ALÁ (2024)

MÁIS ALÁ’, primeiro traballo discográfico de BREO, grupo folk que emana e bebe da tradición galega. Este eríxese sobre a importancia do misticismo, as costumes e as lendas galegas, tres motivos que dan inspiración a cada unha das cancións que compoñen este traballo e que nos ofrecen unha lembranza das figuras que conseguiron que todos estes coñecementos chegaran aos nosos días: os nosos e as nosas maiores. 


Este disco confórmase por un total de 10 temas, contando con diferentes colaboracións musicais: o cantante tsacianiegu Sabu l’Aviseu (Canto Raibas’), Marta Chelo (María ‘A Meiga’) e a banda arteixá A.C. Triskell (‘Os Lombois’). Ademais destas, tamén escoitamos por parte dalgún dos nosos maiores certas lendas, como é o caso de Maruja ‘a do Lameiro’, e ritos, este último recollido por Oscar Lage nas montañas do Courel do Encoutado dos Lombois.

Poderiamos dicir que este é un traballo máxico, onde coñeceremos, ademais de novas músicas e melodías, costumes case esquecidas que están impresas no noso ADN como galego, as cales non podemos permitir que esmorezan.

SINGLES


CANTO RAIBAS (SINGLE)

2024

Esta cantiga coñecémola a través do arquivo de Baldomero Iglesias (Mero), quen lla recolleu a: Ricardo Lagares, Cesáreo García, Florinda, Consuelo e María en Frades en 1984.

LETRA:

Cando canto, canto raibas

quen mas oiga mas comprende

deume Deus habilidad,

de comprar a quen me vende.

Dicen que la pena mata,

menos mal que eso no es cierto

pues si la pena matara

a mi me tenía muerto.

De tu puerta i’a la mía

hai unha longa cadena,

toda chea de suspiros,

toda de suspiros chea.

Dicen que la pena mata,

menos mal que eso no es cierto

pues si la pena matara

a mi me tenía muerto.

Aunque estou aquí cantando

sabe Dios mi corazón,

lo tengo más amarillo

que la pela de un limón.

Dicen que la pena mata,

menos mal que iso é mentira,

non acaba en el momento pero va

acortando a vida.

ALUMEA-LO PAN (SINGLE)

2023

Estas dúas danzas, fan referencia ao vello costume xa desaparecido, de alumear o pan e que coñecemos a través de Clodio González. Consistía en pasear con fachos acesos polas agras ou fincas labradas escorregando así as meigas ou pestes que podían estragar as colleitas, logrando de este xeito, que a recolla nacera san e fora abondosa.

NAO SENLLEIRA (SINGLE)

2023

TÍtulo dun dos máis senlleiros poemas de Fermín Bouza Brey, que á súa vez dá título a unha das máis ilustres obras do autor “Nao Senlleira”. No mar remataba o mundo coñecido e comezaba un portal ao Alén, a onde viaxaban as ánimas para deixar o mundo dos vivos e poder descansar na bretemosa illa.

LETRA:

Quen dera ser Nao Senlleira,

n-aquel mar non presentido.

Das ja mergulladas terras,

vinde con él, meu amigo.

Sen vento, astros, nen ceo

sempre â tola po-las ondas.

Deitado no esquecemento,

non sabe onde se agochan.

Nin andar nin desandar

nin ter outro coido acedo.

Que leijarse ir pro mar,

navegar sen ningún medo.