Carrito de la compra
Loading

HISTORIA

BREO fórmase a finais do ano 2022 coas ganas de facer música folk dos seus cinco compoñentes.


Deciden publicar o seu primeiro single en febreiro de 2023, dando a coñecer xa de forma aberta o proxecto no que se está a traballar coa musicalización do poema ‘Nao Senlleira’, de Fermín Bouza Brey, título do single.


En xuño do mesmo ano, sae á luz o segundo single, neste caso instrumental, composto por Bieito Romero Diéguez, titulado ‘Alumea-lo pan’.


Cunha continuidade, tanto nos directos, pasando por lugares como Festival Folk de Sisalde (Arteixo), Magosto de Balboa (O Bierzo) o Feito a Man (Santiago de Compostela), Carqueixa Rock & Folk (Laza), St. Patrick’s (A Coruña e Chantada)..., como a nivel compositivo, en xaneiro de 2024 sacan o seu 3º single ‘Canto Raibas’ coa colaboración de 'Sabu l’Aviseu' do grupo D'urria.


En outubro de ese mesmo ano, sacan o seu primeiro traballo discográfico; Máis alá’, onde aparecen cancións novas compostas polo grupo, e cancións recuperadas do repertorio tradicional galego e de outras nacións do atlántico, como Irlanda.


Neste primeiro traballo, BREO, quixo reflectir a importancia que ten dentro da cultura galega o mundo máxico-relixioso que convive con nós, narrando, a través da música, costumes, crenzas e ritos que chegaron ate os nosos días, recordando á figura, imprescindible, que conseguiu que isto fora posible: xs nosxs maiores.


A súa presentación iníciase en A Coruña, onde se forma o grupo, nunha das salas más icónicas da cidade herculina ‘Sala Garufa’. Continúa a súa presentación, volvendo de novo a Compostela, na ‘Casa das Crechas’, un dos piares da música folk e tradicional en Galicia.


Durante todo o ano, o grupo continúa a súa xira de presentación pasando por diversas salas galegas e actuando en diferentes festivais de gran relevancia, como Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Intercéltico de Sendim (Portugal), entre outros como o Cachu Fest (Asturies), Rueiros da Vila (Caión)...